€25.90


A epopea atlántica da diáspora galega
Non hai Galicia sen América porque todo aconteceu antes aló.
Na Habana soou por vez primeira o himno «Os Pinos» e fronte ao mar Caribe oficializouse e popularizouse a bandeira branca e azul. En Buenos Aires compúxose «A Rianxeira» e escribiuse a mellor novela da literatura galega. A listaxe é infinda, coma todas as historias deste libro sobre a emigración, o exilio, a fuxida, o desarraigamento, as promesas, os enganos, a escravitude familiar, a supervivencia, a vergoña e o orgullo. Italianos, irlandeses e xudeus souberon contar as súas epopeas en libros e filmes, pero os galegos, outro dos grandes pobos migrantes do século XX, non contaban, até agora, cun gran relato sobre a súa diáspora.
Guiado pola desmesura de vinte anos de viaxes e mudanzas, entrevistas e lecturas, armado das ferramentas do reporteirismo minucioso e agasallado co talento literario, Arturo Lezcano asina unha obra monumental que se le como unha fábula, un libro de viaxes, unha elexía e unha crónica en primeira persoa. Ou coma un As mil e unha noites das Américas contada a través dunha galería de personaxes galegos engaiolantes: Alfonso Graña, o rei dos xíbaros; Pepe la Muerte, lugartenente de Lucky Luciano; o Manolito de carne e óso de Mafalda; Antonio Soto, o heroe anarquista da Patagonia, e outras duascentas historias de mulleres e homes anónimos —os obreiros que construíron a Canle de Panamá, os inventores da noite de Copacabana e tantos máis— que crearon unha nova vida (e un país invisible) da outra beira do océano.
«Nacida da miseria e convertida no noso gran tesouro, non hai ninguén mellor que Arturo para alumeala».
Xoel López
Ficha técnica
€22.90
Memorias de mi cautiverio en Iraq y de mi liberación Cuando Haidar tenía ocho años, su padre le anunció que se marchaban a Iraq de vacaciones. Pero era mentira: se...
Ver todos los detalles del producto »
€22.90
De la selva peruana a tu nariz Este libro es la biografía de un gramo de coca desde la selva del Perú hasta un pequeño narcopiso en un barrio de...
Ver todos los detalles del producto »
€19.90
Textos de fútbol Todas las religiones tienen sus exégetas, pero solo Juan Villoro es capaz de filtrar —con ligereza, como quien inventa un regate imposible— un aforismo filosófico mientras el...
Ver todos los detalles del producto »
€22.90
Madres protectoras y su papel en la denuncia de la violencia sexual hacia la infancia «¿Cómo un padre, que se supone que es la persona que tiene que querer más...
Ver todos los detalles del producto »